Saltar ao contido

A Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaA Mancha
Imaxe
Tiporexión histórica Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMeseta Sur Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Albacete, España e Castela-A Mancha, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°24′N 3°00′O / 39.4, -3
Características
Altitude610 m Editar o valor en Wikidata
Superficie30.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
Don Quixote da Mancha Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 148300

A Mancha[1] (en castelán: La Mancha) é unha rexión natural do centro de España, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, que ocupa boa parte das provincias de Albacete, Cidade Real, Cuenca e Toledo.

Ten unha extensión de máis de 30 000 km²,[2][3][4] aproximadamente 300 km de leste a oeste e 180 de norte a sur,[5] constituíndo unha das chairas naturais máis grandes da Península Ibérica. Representa o extremo sur-oriental da Meseta Central, concretamente da Submeseta Sur. A Mancha forma o centro da Meseta Sur, situada entre as rexións de Mesa de Ocaña, Montes de Toledo, Campo de Calatrava, Serra Morena, Campo de Montiel, Campos de Hellín, Corredor de Almansa, A Manchuela, La Alcarria e a Serranía de Cuenca.

Paisaxe típica da Mancha na provincia de Cidade Real

As súas extensas e áridas chairas son coñecidas mundialmente grazas á novela de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha, a maior parte de cuxas aventuras e accións transcorren na xeografía desta rexión.

Ovellas e cabras na Mancha
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manchego.
  2. http://digital.csic.es/handle/10261/5848
  3. http://books.google.es/books?id=UhIC2EHDUPUC&printsec=frontcover#PPA165,M1
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2009. 
  5. Biblioteca Premium Microsoft Encarta. A Enciclopedia Espasa da unha cifra moi parecida: 295 km de leste a oeste, 184 de norte a sur.