Saltar ao contido

Atlas C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas C / XSM-65C
FunciónICBM de probas.
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura25,15 m[1]
diámetro3,05[1]
masa110.740 kg[1]
Etapas1[1]
foguetes derivados
FamiliaAtlas[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCabo Cañaveral[1][2]
Total de lanzamentos6[1][2]
fallos3[1][2]
Voo inaugural24 de decembro de 1958[1][2]
Último voo24 de agosto de 1959[1][2]
Acelerarores – Atlas MA-2[1]
diámetro4,90 m[1]
masa cheo3050 kg[1]
impulsado por1 XLR-89-5[1]
potencia máxima1517,422 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico248 s (a nivel do mar), 282 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
Primeira etapa – Atlas C[1][2]
altura21,9 m[1]
diámetro3,05 m[1]
masa baleiro3.980 kg[1]
masa cheo107.610 kg[1]
impulsado por1 XLR-105-5[1]
potencia máxima363,218 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico309 s (a nivel do mar), 215 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
[ editar datos en Wikidata ]

Atlas C, tamén coñecido co código XSM-65C, foi un mísil balístico intercontinental de proba pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a última iteración experimental antes da entrada en produción.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O Atlas C foi un modelo de probas, sucesor dos Atlas A e Atlas B, que non levaba oxiva funcional. Voou seis veces, con tres fallos, e deu lugar ao primeiro ICBM (mísil balístico intercontinental) despregado nos Estados Unidos. Co tempo o foguete evolucionaría para dar lugar a unha familia de lanzadores espaciais. Foi adicado a verificar os tanques de propelente de grosor mínimo e os sistemas de comunicación e usaba un motor exectable e un motor de sustentación no que se deu en chamar un foguete "de etapa e media". Podía levar unha carga de 70 kg a unha altura de 185 km.[1][2]

Variantes

[editar | editar a fonte]

Atlas C Able

[editar | editar a fonte]

O Atlas C Able consistía nun Atlas C cun foguete Able como segunda etapa e un Altair como terceira. Só intentou lanzarse unha vez, explotando na rampla de lanzamento durante unha proba de acendido estático o 24 de setembro de 1959.[3][4]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 24 de decembro de 1958 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito Primeiro voo.
2 27 de xaneiro de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo
3 20 de febreiro de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo
4 19 de marzo de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Fallo
5 21 de xullo de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito
6 24 de agosto de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Oxiva simulada Éxito Último voo.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 Mark Wade (2018). "Atlas C" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2018.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-C (XSM-65C) ICBM" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2018.
  3. Mark Wade (2018). "Atlas C Able" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2018.
  4. Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-C Able" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]