Constante
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 320 (Gregoriano) Italia |
| Morte | 18 de xaneiro de 350 (Gregoriano) Elne (Galia) |
| Causa da morte | homicidio pena de morte |
| Lugar de sepultura | Vila-mausoleo de Centcelles |
| 22 de maio de 337 (Gregoriano) – 350 (Gregoriano) | |
| Emperador bizantino | |
| 22 de maio de 337 – xaneiro de 350 ← Constancio II – Xuliano → | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Baixo Imperio Romano |
| Outro | |
| Título | Augusto (título) |
| Familia | Dinastia constantiniana (pt) |
| Cónxuxe | Olímpia da Armênia |
| Pais | Constantino I o Grande |
| Irmáns | Constantina Helena Constancio II Constantino II Flavio Xulio Crispo |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Flavius Iulius Constante, nado no ano 320 e finado no 350, foi un emperador romano entre os anos 337 e o 350.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o fillo máis pequeno do emperador Constantino o Grande e mais da súa segunda esposa Fausta, sendo nomeado César por Constantino, no ano 333.
No ano 337 morre o seu pai e, segundo estaba estipulado, o Imperio divídese entre os tres irmáns vivos e fillos de Constantino, correspondéndolle a Constante as provincias de África, Italia e tódolos Balcáns. Pero aínda era moi cativo e o seu irmán Constantino II quedou coma rexente e titor das súas provincias.
Ao acadar a maioría de idade, solicita a fin da titoría e rexencia, pero Constantino II negouse, considerando que sempre dobregara a vontade do seu irmán máis novo e desexando que a provincia de África pasase a ser gobernada por el e xunguila ás súas posesións. Pero Constante négase a isto e o enfrontamento entre os dous exércitos prodúcese en Aquileia, onde Constantino II morre, quedando polo tanto Constante coa parte Occidental do Imperio como único Emperador.
Os pais da Igrexa eloxiaron a figura de Constante, pero o certo é que era un emperador violento, cruel e avaricioso, libertino e dado á homosexualidade, pero revelouse coma un gran militar, xa que despois da batalla de Aquileia, fixo unha campaña contra dos sármatas, aos que derrotou, e a súa campaña nas Galias contra os francos, entre os anos 341 e 343, inclúe a pacificación das illas de Britania.
No 348 inicia co seu irmán Constancio II unha reforma monetaria, tendente a revaliar a moeda de billón, que estaba a piques de provocar unha crise ecónomica no imperio. Pero no ano 350, fráguase unha conspiración no exército, e Magnencio, xeneral das tropas do Rhin, é nomeado Augustus polas lexións. Constante deuse conta de que perdera o favor do exército e foxe de Italia cara a Hispania, pero é recoñecido en Helena, localidade na Galia preto dos Pireneos, sendo asasinado.
Magnencio fica coma único emperador de Occidente, mais o usurpador terá pronto que loitar co emperador de Oriente e irmán de Constante, Constancio II.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Constantino II |
Constante | Precede a: Constancio II |
| Constantina | ||