LR105

O LR105 é un motor foguete de propelente líquido que serviu de motor de sustentación para a familia de foguetes Atlas.[1][2][3] Desenvolvido por Rocketdyne en 1957 baixo a denominación S-4, [4][5][6] chámaselle motor sustentador debido a que continúa en ignición despois da exección dos motores LR89, proporcionando impulso na fase de ascenso.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]O LR105 é un motor de propelente líquido que usa RP-1 e oxíxeno líquido. Funciona mediante un ciclo de xerador de gas onde unha pequena parte do propelente queimase nun xerador de gas para enerxizar a turbobomba, que propulsa á súa vez combustible e oxidante ao motor.
O motor foi deseñado para ser regulable en impulso, implicando que o impulso se pode axustar durante o voo para optimizar o rendemento. O LR105 tamén usa arrefriamento rexerativo, onde o combustible RP-1 corre por canles de refrixeración na tobeira e na cámara de combustión antes de ser inxectado no proceso de combustión, evitando o sobrequencemento e mellorando a eficiencia.
Versións
[editar | editar a fonte]O LR105 foi mellorado varias veces durante a súa vida operativa, resultando en diferentes variantes:[8][9][10]
| Versión | Ano | Impulso (kN) | Impulso específico (s) | Tempo de acendido (s) | Detalles |
|---|---|---|---|---|---|
| LR105-3 | 1957 | 375.00 | 308 | Atlas A, Atlas B | |
| XLR105-5 | 1958 | 363.20 | 309 | 335 | Atlas-Able, Atlas B, Atlas-Centaur, Atlas D, Atlas-Agena, Atlas LV-3B |
| LR105-5 | 1958 | 386.40 | 316 | 430 | Atlas-Centaur, Atlas E, Atlas-Agena, Atlas F, Atlas SLV-3 |
| LR105-7 | 1963 | 386.40 | 316 | 266 | Atlas Agena, Atlas F, Atlas H, Atlas G, Atlas I |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mark Wade (2026). "LR105-3" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ National Museum of the U.S. Air Force, ed. (2026). "Convair SM-65 Atlas" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ D. McCutcheon, Kimble (9 de xaneiro de 2025). Aircraft Engine Historical Society, ed. "U.S. Manned Rocket Propulsion Evolution Part 5: The Atlas Missile" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Bilstein, Roger E. (agosto de 1999). DIANE Publishing, ed. Stages to Saturn: A Technological History of the Apollo/Saturn Launch Vehicle. p. 119. 978-0-7881-8186-3.
- ↑ Mark Wade (2026). "S-4 engine" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Mark Wade (2026). "Rocketdyne" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Swopes, Bryan (27 de agosto de 2024). "Rocketdyne LR105-NA-5" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Mark Wade (2026). "LR105-5" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Mark Wade (2026). "XLR105-5" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
- ↑ Mark Wade (2026). "LR105-7" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LR105 |